Panel de Estudos Galegos. Asociación de Hispanistas de Gran Bretaña e Irlanda (AHGBI)

Panel de Estudos Galegos, AHGBI Congreso Anual, Londres, 12-14 abril 2010

Os días 12, 13 e 14 de abril de 2010 celebrarase no King’s College London o Congreso anual da Asociación de Hispanistas de Gran Bretaña
e Irlanda (AHGBI). Aquelas persoas interesadas en participar no panel de Estudos Galegos poden xa enviarme, na miña condición de organizador
do panel, a súa proposta de comunicación, na cal debe figurar un título e resumo de 150-200 palabras. As comunicacións deberán ter unha
duración de entre 25 e 30 minutos, estar redactadas en galego, en inglés ou castelán, e poderán versar sobre calquera área de investigación
relacionada cos Estudos Galegos.

A data límite para enviarme as propostas é o 15 de agosto de 2009, de xeito que resulte posíbel organizar as comunicacións seleccionadas nun
panel ou paneis, e remitir esta proposta á Secretaría do Congreso da AHGBI antes do 5 de setembro de 2009.

Se alguén non é membro da AHGBI pero ten interese en participar, deberá porse en contacto comigo para que eu poida facer as consultas
necesarias coa organización do Congreso, tendo en conta que en anos pasados houbo persoas que si participaron nos paneis de Estudos
Galegos malia non ser membros. Existe a posibilidade de solicitar unha axuda para contribuír a cubrir os gastos dun relator ou relatora invitada.

Para máis información sobre o Congreso pode visitarse a páxina da AHGBI: http://www.dur.ac.uk/hispanists

Para realizar consultas sobre o panel de Estudos Galegos e para enviar os resumos coas propostas de comunicacióin debe escribirse ao seguinte
correo electrónico: pattersonc1@Cardiff.ac.uk

Craig Patterson

University of Cardiff

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *