Locus Criticus

Prezados/as compañeiros/as:

Querémosvos comunicar que dende o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo acabamos de poñer a andar o LOCUS CRITICUS (https://webs.uvigo.es/locuscriticus/), un foro ou plataforma dixital de debate sobre cuestións de crítica textual centradas na lírica medieval. Coidamos que esta é unha iniciativa útil que pode facilitar a comunicación entre os membros do noso eido científico (sobre todo na edición de textos trobadorescos), así como actualizar e axilizar a reflexión e o debate sobre aspectos problemáticos derivados da lectura e interpretación das fontes manuscritas.
Estades todos/as convidados/as a coñecer e participar en LOCUS CRITICUS. Agradecémosvos de antemán todas as críticas, comentarios e suxestións que nos fagades chegar e que, certamente, contribuirán á súa mellora.
Recibide un saúdo moi cordial.

Xosé Bieito Arias Freixedo
Alexandre Rodríguez Guerra

Departamento de Filoloxía Galega e Latina
Universidade de Vigo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *