Desde a Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) enviámosvos a primeira circular do X Congreso trianual da AIEG, que terá lugar na cidade galesa de Cardiff/Caerdydd entre os días 12 e 14 de setembro de 2012.
Neste documento inclúense todos os datos relativos ao envío de propostas de comunicacións (temáticas, prazos, comité científico do congreso, publicación, etc.), e tamén información relativa aos prazos e taxas de inscrición (con reducións significativas para socios/as). Esta información non está dispoñíbel na páxina web da AIEG www.estudosgalegos.org polo momento, pois estamos a traballar nunha nova web que estará lista a comezos de ano.
Agardamos que o congreso resulte do voso interese e sexa un foro de encontro entre todos/as nós. Tamén vos agradecemos que contribuades á difusión do congreso, reenviándolle esta circular aos vosos contactos e socios/as.
Apertas galicianistas,
Olga Castro. Secretaria da AIEG
Más información: circular / call for papers
Hola a todos, desde Caracas, los integrantes del Programa Radial de la Emigración Gallega, les dirigimos un cordial saludo. Les invitamos a sintonizarnos en hora 14.30 hora de España, por http://www.sintonia1420AM, todos los domingos. Al mismo tiempo les solicitamos conexión o que nos envíen sus aportes para divulgar los Estudios Gallegos en Caracas y en el mundo.
Saludos cordiales,
Prof. Isabel Peleteiro Vázquez y equipo de colaboradores.