Arquivo do galego oral (AGO)

Práceme informarvos de que o Arquivo do Galego Oral (AGO) xa se pode consultar na rede: http://ilg.usc.es/ago/ A singradura do AGO comeza cun bo quiñón de textos sobre a guerra do 36 e a dura posguerra que se viviu en Galicia, cun lote de textos sobre crenzas (particularmente sobre a Compaña) e cun lote sobre a represión lingüística.

Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros

CURSOS DE VERÁN DE LINGUA E CULTURA GALEGAS PARA ESTRANXEIROS. 24º ANO (4-29 XULLO 2011)

ORGANIZA:

XUNTA DE GALICIA
SECRETARÍA XERAL DEL POLÍTICA LINGÜÍSTICA
INSTITUTO DA LINGUA GALEGA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
REAL ACADEMIA GALEGA

Director: Francisco Fernández Rei
Secretaria: Malores Villanueva Gesteira

Actividades dos cursos

O fin primordial dos Cursos será darlle ao alumnado a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Amais das clases teóricas e prácticas de lingua, están programadas leccións sobre literatura, historia, xeografía, arte etc., de Galicia, así como excursións e visitas a lugares de principal interese cultural e paisaxístico.

Dentro dos cursos haberá distintos niveis:

– Un nivel elemental, de iniciación á lingua para quen desexe introducirse no seu coñecemento. O alumnado deste nivel distribuirase en dous grupos segundo o grao de comprensión da lingua, previa a realización dunha proba.

– Un nivel medio, destinado a quen xa realizou o curso elemental ou que posúa un coñecemento básico do idioma, previa realización dunha proba.

– Un curso superior de Filoloxía Galega para quen cursou o nivel medio ou acredite un bo dominio do galego.

Inscrición

Poderanse inscribir todas as persoas que o desexen, unicamente se esixe ter cumpridos 18 anos e que a ficha de inscrición e a documentación requirida no caso de petición de bolsa estea na Secretaría dos Cursos antes do 1º de maio.

Ficha: http://ilg.usc.es/ilgas/cursos_gex11/ficha_inscricion_2011.pdf

Bolsas

A organización dos Cursos dispón de varias bolsas, por importe de 450 euros cada unha, cantidade que se considera suficiente para a estancia en Santiago durante o período de duración do curso. Os bolseiros e bolseiras estarán ademais exentos do pagamento da matrícula.

O candidato ou candidata debe enviar por correo postal á Secretaría dos Cursos a ficha de inscrición, o seu curriculum vitae e unha carta de presentación dun profesor ou profesora de Universidade, así como toda a documentación que considere de interese. A carta de presentación achegada debe ser a orixinal. Antes do 1º de maio debe enviarse toda a documentación por correo postal, con independencia de que á vez se faga chegar por internet.

Más información: http://ilg.usc.es/ilgas/cursos_gex11/cursos_gl.html